As nosas etiquetas

domingo, 16 de marzo de 2014

Reflexións e apariencia das entradas no blogue

Antes de nada, permitídeme que aproveite esta entrada do blogue para presentarme: son Laura, a terceira integrante deste grupo de traballo.

Xa que non puiden asistir á primeira sesión do curso, os meus compañeiros informáronme das actividades que fixeron: crear un blog, nomearme como xefa (ejem, ejem), e as tarefas que tería que realizar para a próxima sesión.

Unha delas consistía en facer unha reflexión sobre o que estamos a desenvolver. Eu considero que hoxe en día a creación dun blog é algo moito máis sinxelo do que parece nun primeiro momento. Darlle forma e poñelo bonito xa é outra historia. E segundo me comentaron, para iso estamos nós, para facilitarlles ao resto de grupos a creación do seu propio blogue.

Así que...podemos comezar con algo simple pero que nos pode axudar no momento de facer o blogue.

Cando creamos unha entrada nova temos dúas opcións para facelo, e que podemos escoller na parte superior esquerda do menú de edición de entrada. Blogger dá as seguintes opcións:

- "Redactar": na que o que escribamos vai ser igual ao que vexamos finalmente na entrada do blogue, e cunha edición similar a un programa de edición de textos. Se insertamos unha foto, esta vaise ver en imaxe e pode ser modificada en tamaño e alineación.


- "HTML": o que se escriba é necesario metelo con códigos de programación informática, para darlle o aspecto que queiramos. Ao pasalo a esta forma "html", o texto queda do seguinte xeito:


Así que esta última forma, soamente a utilizaremos cando necesitemos, por exemplo, meter un enlace dun video de youtube, google maps...
Para unha simple edición de texto con foto, a mellor opción é "Redactar".

Saúdos!!!



1 comentario:

  1. Asi me gusta Laura, incorporándote un pouquiño tarde pero con que enerxía....!

    ResponderEliminar