Ola de novo. Onte, (17/03/2014), tivemos a segunda xornada de formación na que estamos aprendendo a crear un blogue. Resultou de novo do máis interesante aprendendo e pondo en práctica moitas cousas novas. Unha vez máis, e isto semella unha maldición, o noso grupo non estivo ao completo, faltando nesta ocasión por motivos de causa maior o noso compañeiro Paco. A pesar destas dificultades penso que aproveitamos as ensinanzas e fomos do máis produtivos.
Ben, entrando en materia comentar que as tarefas que tivemos que desenvolver foron bastantes e variadas. Aquí tedes o plan de traballo.
Aqueles que miráchedes o blogue na semana anterior e o estades mirando neste momento, penso que xa podedes apreciar as diferencias e as incorporacións feitas como consecuencia do noso aprendizaxe.
O blogue empeza a tomar corpo e xa ten un aspecto un pouco máis profesional...
Indo ao contido do reto, observamos que o uso de "gadets" permite por dicilo dalgunha forma entrar nunha nova dimensión aumentando de forma exponecial as posibilidades de incorporar información nun blogue. Nos aparte de facer os pasos que aparecen no reto, tamén exploramos outros gadets para ter unha perspectiva o máis ampla posible desta ferramenta. A conclusión é que as posibilidades son case infinitas e a introdución de gadets nun blogue e moi fácil e intuitiva. A nosa recomendación e que probedes, exploredes, comprobedes o resultado actualizando o blogue e se non vos gusta... ! reiniciamos ! que non se estraga nada.
Xenial!, isto vai vento en popa.
ResponderEliminarNoraboa o apartado de Actividades do alumnado quedou moi ven.
Si vemos que a columna dereita se nos vai facendo moi longa poderíamos pensar en cambear o deseño, por exemplo por un con duas columnas unha a dereita e outra a esquerda... podedes investigalo.