Hoxe, (10/03/2014), dimos os primeiros pasos para coñecer como se crea un Blog.
No grupo faltaba a xefa, (Laura), pero ao longo da semana xa nos poremos as súas ordes para iniciar o traballo. Polo de agora tedes que conformarvos cunha foto dos dous currantes, (Xoán e Paco), pero ao longo da semana esperamos por una foto dos 3 integrantes ao completo, e agora que está tan de moda igual pomos un "selfie".
Ben, despois desta pequena presentación imos entrar en faena.
Ao longo dos próximos dous meses, non soamente temos que facer un blog senón que o noso plan de traballo é bastante máis extenso:
E ao final do curso veremos se somos capaces de conseguir:
Empecemos polo principio, para crear un BLOG é imprescindible ter una conta de enderezo electrónico en gmail, e con isto feito xa podemos comezar. O primeiro foi entrar no enderezo https://www.blogger.com/home e seleccionar a opción "novo blog":
Unha vez creado o blog e moi importante engadir a tódalas persoas do grupo que van a participar no blog coas súas aportacións a través de diferentes entradas. Isto farase co menú da esquerda: Configuración / lo báscio / añadir autores.

E chegados a este punto xa podemos comezar e o faremos utilizando o menú entrada no que a través dun editor de texto podemos introducir textos, imaxes, vídeos... Moi importante é que una vez realizada a entrada cliquemos en actualizar. Tamén podemos comprobar como vai quedando o aspecto do blog a través de vista previa.
As diferentes entradas que se vaian incorporando ao blog poden editarse en calquera momento para facer calquera cambio que nos interese, como tamén se queremos podemos eliminar as entradas das que non esteamos satisfeitos.
Que bo traballo equipo! estou encantada.
ResponderEliminarAproveito para saudar a Laura, ben vida o grupo.