As nosas etiquetas

viernes, 21 de marzo de 2014

Xa somos case profesionais! (ou polo menos parecémolo)

Como cambiou o noso blogue dende a última semana! E cantas cousas aprendemos!

Unha das máis interesantes foi a de engadir "gadgets" no blogue. Estes "gadgets" son pequenas aplicacións que podemos colocar aos lados das entradas do blogue, na parte superior, ou incluso na inferior.

A oferta que nos ofrece Blogger é moi ampla, polo que se fai necesario seleccionar aqueles que nos resulten máis útiles para conseguir a finalidade que nos propoñemos co blogue. Se non escollemos con bo criterio e decidimos poñelos todos, o blogue quedará saturado e non se verá a información de forma clara.

Os que nós decidimos, polo de agora, que son os gadgets máis convenientes para crear un blogue de aula son:

- ETIQUETAS: a cada entrada asígnaselle unha ou varias etiquetas (relacionados coa temática das entradas), e as persoas que visitan o blogue poden pinchar nunha delas, e apareceranlle todas as entradas que estean etiquetadas con ese nome. As nosas etiquetas son: "Reflexións" e "Blog de aula".



- LISTA DE ENLACES: con este gadget podemos poñer enlaces a páxinas web, outros blogues ou sitios que nos resulten interesantes. Nós fixemos dúas listas de enlaces: unha de blogs interesantes para os alumnos e outra de blogs interesantes para os profesores.


- LISTA DE BLOGS: esta aplicación sérvenos para que se poidan ver desde o noso blogue, aqueles outros blogs que seguimos, amosando o comezo da última entrada de cada un deles. Polo de agora, os que nós seguimos son os dos nosos compañeiros de curso.


- SEGUIR POR CORREO ELECTRÓNICO: este gadget é necesario para que as persoas que visiten o noso blogue poidan recibir por correo as nosas actualizacións, sen necesidade de entrar a cada pouco para ver se actualizamos.


- PÁGINAS: con este gadget podemos crear unha páxina con información fixa que non varía, a non ser que se edite esa propia páxina. As páxinas que nós creamos foron: "Contacto", donde puxemos os datos de contacto dos administradores do blogue; e "Finalidade do blog", onde puxemos por escrito a finalidade desta aventura que temos entre mans.



Vós mesmos podedes escoller aqueles que vos resulten máis interesantes, xa que hai moitos máis que estes que reseñamos aquí, e incorporalos ao voso blogue.

Animádevos! Probade, poñede algúns no blogue, cambiádelle o nome... e xa nos contaredes que tal foi a experiencia.

Saúdos!





1 comentario:

  1. A verdad e que sí, ten un aspecto moi profesional ; ) noraboha polas reflexións que nos deixas neste post, pareceme unha selección moi acertada.

    ResponderEliminar