As nosas etiquetas

Mates

Ben, aquí estou de novo. Esto do blogue a verdade e que engancha un pouquiño.
A intención desta nova entrada é darlle algo de contido a sección que creamos na última sesión relativa as actividades do alumnado, concretamente no meu caso na área de matemáticas. Ademais pretendendo tamén aproveitar para poñerlle unha tarefa aos meus alumnos/as de sexto. ! Non sei se eles terán tanto entusiasmo como teño eu con isto do blogue !
De tódolos xeitos a tarefa vai ser pequeniña e sinxela, a modo de proba vamos.
Ben rapaces/as estades listos/as?
Vai:
Tarefa.- Crear unha folla de calculo sixela na que se recolla información numérica, (entre 4 a 6 campos), sobre algún concepto matemático acompañando está información cunha gráfica. Unha vez creada a folla, a información da mesma se converterá a formato de imaxe jpg.
Prazo.- 11 de abril de 2014
Presentación da tarefa.- Enviaranse os dous arquivos, ( excel e jpg ), en prazo e indicando o nome do alumno/a ao meu correo: barrocus59@gmail.com. Tamén se pode utilizar o correo para consultas e dúbidas.
Este podería ser un exemplo:



Ánimo a todas e todos.
PD.- A modo de proba si, pero con nota... jeje

24.03.2014
Que eficacia... o primeiro en entregar o traballo con moitísima antelación. Felicidades Roi (01):


25.03.2014
Novos traballos entregados.. Non sei se estas presas Terán algo que ver coa proximidade da segunda avaliación. No quero pensar mal pero normalmente o bo ou mal traballo dun trimestre non se cambia na última semana.
Aquí temos o de Gabriel (02):


E agora o de Rubén (03):


Canto futboleiro... non vos parece

31.03.2014
Hoxe publicamos a gráfica de Albino (04)



02-04.2014
Seguimos completando gráficas. Nesta ocasión as de Saul (05) e Nair (06) respectivamente.



Pouco a pouco imos completando o traballo. Lembrar que a data límite é o próximo venres 11 de abril. Todavía faltan oito traballos.
Hoxe publicamos as de Adrián (07) e Daniel (08) respectivamente.





CONCEPTOS MATEMÁTICOS (PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES).

Neste vídeo dunha forma moi amena e divertida podedes aprender un concepto matemático moi interesante que vos pode ser de utilidade se en algunha ocasión queredes darvos un baño tendo a bañeira chea e ter que pasar a fregona despois.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario