As nosas etiquetas

martes, 25 de marzo de 2014

SOMOS BLOGUEIROS !

Non nos chamedes profes, chamádenos blogueiros
Xa vedes que estamos eufóricos. Hoxe, (24/03/2014), nos adentramos en novas posibilidades. O noso plan de traballo foi extenso:


Como podedes ver no blogue, o traballo está rematado e a verdade foi que non resultou excesivamente complexo acadar os obxectivos marcados. O que está claro é que a medida que amentamos os nosos coñecementos nisto da elaboración de blogues, as ideas non deixan de xurdir. De feito empezamos a levar o blogue cara un entorno máis relacionado coas posibilidades de interacción cos nosos alumnos/as. Xa se poden ver os primeiros pasos, (encargo dunha tarefa na área de matemáticas, suxestión dunha posible actividade na área de coñecemento, un vídeo explicativo do principio de Arquímedes, unha presentación de slideshare dos ríos de España, unha presentación elaborada con photopeach...). Xa podedes comprobar que a lista empeza a coller dimensións.. ! E isto e soamente o principio !
Saúdos a todos/as, e ata a próxima entrada.

lunes, 24 de marzo de 2014

Magosto 2012

Esta é a proba do ben que o pasaron os nosos nenos no magosto do ano pasado.

RÍOS DE ESPAÑA

Con esta serie de imaxes podedes repasar os conceptos que aprendestes sobre os ríos de España. 
Rios from ipb62

PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES

Neste vídeo dunha forma moi amena e divertida podedes aprender un concepto matemático moi interesante que vos pode ser de utilidade se en algunha ocasión queredes darvos un baño tendo a bañeira chea e ter que pasar a fregona despois.
 

A voltas cos gadgets.

Na derradeira sesión do curso que estamos a facer, o luns 17 de marzo, os meus compañeiros de blogue viron algo novo, os gadgets.
Eu por motivos persoais non estiven presente nesta sesión, polo que tiveron que poñerme ao día dos novos contidos os meus compañeiros.
Os gadgets parécenme moi interesantes desde o punto de vista de acceder rapidamente aos contidos que poidan ser de interese nese momento, sen ter que percorrer todos os que están no blogue.
Cando comezamos coa creación deste blogue, estabamos ansiosos do que lle podiamos quitar de interese para a nosa profesión. Eu sempre tiven claro que me interesaba un blogue que me fose útil para a aula.
Como non tiña esta ferramenta, eu na miña aula utilizaba un correo de gmail onde os alumnos me mandaban tarefas que lles mandaba para facer nos seus fogares. Agora poderei utilizar o blogue de forma moito máis produtiva e interactiva.
Vexo na última publicación do noso blogue que o meu compañeiro Xoan xa propuxo unha tarefa para que a fagan os alumnos/as, exemplo do que eu pretendo facer nun futuro.
En canto a información que me gustaría recoller en gadgets nun blogue de aula, penso que podería ser moi ampla, pois toda a que estivera relacionada cos contidos e obxectivos do noso curso sería de interese.
Un exemplo de tarefa podería ser:
- Ponlle nome aos ríos que aparecen no mapa seguinte:

domingo, 23 de marzo de 2014

Tarefa Mates !

Ben, aquí estou de novo. Esto do blogue a verdade e que engancha un pouquiño.
A intención desta nova entrada é darlle algo de contido a sección que creamos na última sesión relativa as actividades do alumnado, concretamente no meu caso na área de matemáticas. Ademais pretendendo tamén aproveitar para poñerlle unha tarefa aos meus alumnos/as de sexto. ! Non sei se eles terán tanto entusiasmo como teño eu con isto do blogue !
De tódolos xeitos a tarefa vai ser pequeniña e sinxela, a modo de proba vamos.
Ben rapaces/as estades listos/as?
Vai:
Tarefa.- Crear unha folla de calculo sixela na que se recolla información numérica, (entre 4 a 6 campos), sobre algún concepto matemático acompañando está información cunha gráfica. Unha vez creada a folla, a información da mesma se converterá a formato de imaxe jpg.
Prazo.- 11 de abril de 2014
Presentación da tarefa.- Enviaranse os dous arquivos, ( excel e jpg ), en prazo e indicando o nome do alumno/a ao meu correo: barrocus59@gmail.com. Tamén se pode utilizar o correo para consultas e dúbidas.
Este podería ser un exemplo:



Ánimo a todas e todos.
PD.- A modo de proba si, pero con nota... jeje
Toda a información en mates...

viernes, 21 de marzo de 2014

Xa somos case profesionais! (ou polo menos parecémolo)

Como cambiou o noso blogue dende a última semana! E cantas cousas aprendemos!

Unha das máis interesantes foi a de engadir "gadgets" no blogue. Estes "gadgets" son pequenas aplicacións que podemos colocar aos lados das entradas do blogue, na parte superior, ou incluso na inferior.

A oferta que nos ofrece Blogger é moi ampla, polo que se fai necesario seleccionar aqueles que nos resulten máis útiles para conseguir a finalidade que nos propoñemos co blogue. Se non escollemos con bo criterio e decidimos poñelos todos, o blogue quedará saturado e non se verá a información de forma clara.

Os que nós decidimos, polo de agora, que son os gadgets máis convenientes para crear un blogue de aula son:

- ETIQUETAS: a cada entrada asígnaselle unha ou varias etiquetas (relacionados coa temática das entradas), e as persoas que visitan o blogue poden pinchar nunha delas, e apareceranlle todas as entradas que estean etiquetadas con ese nome. As nosas etiquetas son: "Reflexións" e "Blog de aula".



- LISTA DE ENLACES: con este gadget podemos poñer enlaces a páxinas web, outros blogues ou sitios que nos resulten interesantes. Nós fixemos dúas listas de enlaces: unha de blogs interesantes para os alumnos e outra de blogs interesantes para os profesores.


- LISTA DE BLOGS: esta aplicación sérvenos para que se poidan ver desde o noso blogue, aqueles outros blogs que seguimos, amosando o comezo da última entrada de cada un deles. Polo de agora, os que nós seguimos son os dos nosos compañeiros de curso.


- SEGUIR POR CORREO ELECTRÓNICO: este gadget é necesario para que as persoas que visiten o noso blogue poidan recibir por correo as nosas actualizacións, sen necesidade de entrar a cada pouco para ver se actualizamos.


- PÁGINAS: con este gadget podemos crear unha páxina con información fixa que non varía, a non ser que se edite esa propia páxina. As páxinas que nós creamos foron: "Contacto", donde puxemos os datos de contacto dos administradores do blogue; e "Finalidade do blog", onde puxemos por escrito a finalidade desta aventura que temos entre mans.



Vós mesmos podedes escoller aqueles que vos resulten máis interesantes, xa que hai moitos máis que estes que reseñamos aquí, e incorporalos ao voso blogue.

Animádevos! Probade, poñede algúns no blogue, cambiádelle o nome... e xa nos contaredes que tal foi a experiencia.

Saúdos!





martes, 18 de marzo de 2014

Pero que chulo nos está quedando !

Ola de novo. Onte, (17/03/2014), tivemos a segunda xornada de formación na que estamos aprendendo a crear un blogue. Resultou de novo do máis interesante aprendendo e pondo en práctica moitas cousas novas. Unha vez máis, e isto semella unha maldición, o noso grupo non estivo ao completo, faltando nesta ocasión por motivos de causa maior o noso compañeiro Paco. A pesar destas dificultades penso que aproveitamos as ensinanzas e fomos do máis produtivos. Ben, entrando en materia comentar que as tarefas que tivemos que desenvolver foron bastantes e variadas. Aquí tedes o plan de traballo.


Aqueles que miráchedes o blogue na semana anterior e o estades mirando neste momento, penso que xa podedes apreciar as diferencias e as incorporacións feitas como consecuencia do noso aprendizaxe.
O blogue empeza a tomar corpo e xa ten un aspecto un pouco máis profesional...
Indo ao contido do reto, observamos que o uso de "gadets" permite por dicilo dalgunha forma entrar nunha nova dimensión aumentando de forma exponecial as posibilidades de incorporar información nun blogue. Nos aparte de facer os pasos que aparecen no reto, tamén exploramos outros gadets para ter unha perspectiva o máis ampla posible desta ferramenta. A conclusión é que as posibilidades son case infinitas e a introdución de gadets nun blogue e moi fácil e intuitiva. A nosa recomendación e que probedes, exploredes, comprobedes o resultado actualizando o blogue e se non vos gusta... ! reiniciamos ! que non se estraga nada.

domingo, 16 de marzo de 2014

Reflexións e apariencia das entradas no blogue

Antes de nada, permitídeme que aproveite esta entrada do blogue para presentarme: son Laura, a terceira integrante deste grupo de traballo.

Xa que non puiden asistir á primeira sesión do curso, os meus compañeiros informáronme das actividades que fixeron: crear un blog, nomearme como xefa (ejem, ejem), e as tarefas que tería que realizar para a próxima sesión.

Unha delas consistía en facer unha reflexión sobre o que estamos a desenvolver. Eu considero que hoxe en día a creación dun blog é algo moito máis sinxelo do que parece nun primeiro momento. Darlle forma e poñelo bonito xa é outra historia. E segundo me comentaron, para iso estamos nós, para facilitarlles ao resto de grupos a creación do seu propio blogue.

Así que...podemos comezar con algo simple pero que nos pode axudar no momento de facer o blogue.

Cando creamos unha entrada nova temos dúas opcións para facelo, e que podemos escoller na parte superior esquerda do menú de edición de entrada. Blogger dá as seguintes opcións:

- "Redactar": na que o que escribamos vai ser igual ao que vexamos finalmente na entrada do blogue, e cunha edición similar a un programa de edición de textos. Se insertamos unha foto, esta vaise ver en imaxe e pode ser modificada en tamaño e alineación.


- "HTML": o que se escriba é necesario metelo con códigos de programación informática, para darlle o aspecto que queiramos. Ao pasalo a esta forma "html", o texto queda do seguinte xeito:


Así que esta última forma, soamente a utilizaremos cando necesitemos, por exemplo, meter un enlace dun video de youtube, google maps...
Para unha simple edición de texto con foto, a mellor opción é "Redactar".

Saúdos!!!



Máis reflexións sobre a creación dun blog.

Despois destes pasos que tivemos que seguir, e que moi ben describiu o meu compañeiro Xoán, para crear un blog, teño que engadir que nesta tarefa de creación do blog observamos que o buscador que mellor funcionaba era o de Google Chrome, posiblemente por ser da mesma compañía.
Unha vez definidos os contidos, obxectivos e criterios de avaliación deste blog, nós temos claro que o que máis nos importa é crear un blog que nos sexa útil na nosa aula, e que os alumnos o utilicen. Coido que neste Centro isto pode ser factible, debido a que os alumnos do 3º ciclo xa traballan  co Proxecto Abalar.

lunes, 10 de marzo de 2014

Primeiros pasos na creación dun BLOG

Hoxe, (10/03/2014),  dimos os primeiros pasos para coñecer como se crea un Blog.
No grupo faltaba a xefa, (Laura), pero ao longo da semana xa nos poremos as súas ordes para iniciar o traballo. Polo de agora tedes que conformarvos cunha foto dos dous currantes, (Xoán e Paco), pero ao longo da semana esperamos por una foto dos 3 integrantes ao completo, e agora que está tan de moda igual pomos un "selfie".


Ben, despois desta pequena presentación imos entrar en faena.
Ao longo dos próximos dous meses, non soamente temos que facer un blog senón que o noso plan de traballo é bastante máis extenso:


E ao final do curso veremos se somos capaces de conseguir:


Empecemos polo principio, para crear un BLOG é imprescindible ter una conta de enderezo electrónico en gmail, e con isto feito xa podemos comezar. O primeiro foi entrar no enderezo https://www.blogger.com/home e seleccionar a opción "novo blog":


Unha vez creado o blog e moi importante engadir a tódalas persoas do grupo que van a participar no blog coas súas aportacións a través de diferentes entradas. Isto farase co menú da esquerda: Configuración / lo báscio / añadir autores.


E chegados a este punto xa podemos comezar e o faremos utilizando o menú entrada no que a través dun editor de texto podemos introducir textos, imaxes, vídeos... Moi importante é que una vez realizada a entrada cliquemos en actualizar. Tamén podemos comprobar como vai quedando o aspecto do blog a través de vista previa.


As diferentes entradas que se vaian incorporando ao blog poden editarse en calquera momento para facer calquera cambio que nos interese, como tamén se queremos podemos eliminar as entradas das que non esteamos satisfeitos.


Tamén vimos como facer modificacións no aspecto do blog a través do menú, (opción de plantilla e configuración), da parte esquerda e ver o aspecto novo a través de vista previa.
Ben e antes de seguir, como o prometido e débeda, aquí tedes o "selfie":