As nosas etiquetas

martes, 25 de marzo de 2014

SOMOS BLOGUEIROS !

Non nos chamedes profes, chamádenos blogueiros
Xa vedes que estamos eufóricos. Hoxe, (24/03/2014), nos adentramos en novas posibilidades. O noso plan de traballo foi extenso:


Como podedes ver no blogue, o traballo está rematado e a verdade foi que non resultou excesivamente complexo acadar os obxectivos marcados. O que está claro é que a medida que amentamos os nosos coñecementos nisto da elaboración de blogues, as ideas non deixan de xurdir. De feito empezamos a levar o blogue cara un entorno máis relacionado coas posibilidades de interacción cos nosos alumnos/as. Xa se poden ver os primeiros pasos, (encargo dunha tarefa na área de matemáticas, suxestión dunha posible actividade na área de coñecemento, un vídeo explicativo do principio de Arquímedes, unha presentación de slideshare dos ríos de España, unha presentación elaborada con photopeach...). Xa podedes comprobar que a lista empeza a coller dimensións.. ! E isto e soamente o principio !
Saúdos a todos/as, e ata a próxima entrada.

2 comentarios:

  1. Meus queridos bloggeiros de covelo, e ben certo que vos estades metendo de cheo nisto do blogue. Encantame este xiro cara a interactividade e participación dos estudantes ¡ Parabéns! ... Isto e soamente o principio... de algo grande =)

    ResponderEliminar
  2. O primeiro é felicitarvos a todos polo traballo, e o segundo, e non menos importante é pedirvos algunha axuda ou conxello para mellorar o noso blog "sondecovelo".
    Ánimo.

    ResponderEliminar