As nosas etiquetas

lunes, 5 de mayo de 2014

Reflexións sobre o curso




A finalidade deste curso foi, principalmente, sacarlle partido ao blog para o traballo na aula.

Para conseguir este fin aprendemos a:

- Crear un blog con "Blogger", de forma moi intuitiva e con pasos moi sinxelos. Unha vez feito, aprendemos a modificar a apariencia do blog e a introducir diferentes gadgets con información interesante para nós e para os nosos alumnos.

- Facer entradas introducindo hipervínculos con enlaces a actividades ou contidos interesantes.

- Crear permisos para que diferentes persoas poidan crear e publicar contidos no blog: diferenciando entre administradores e autores.

- Crear presentacións de fotografías e música coa aplicación "Photopeach".

- Facer mapas mentais coa aplicación "Popplet".

O curso resultounos moi positivo e interesante para traballar neste ano escolar e sobre todo en cursos vindeiros.



viernes, 4 de abril de 2014

Pero que profesionais !

Aquí os tedes, poderían pasar perfectamente por o equipo de máximo éxito da radio en España. Dinámicos, dilixentes e sobre todo moi profesionais. Felicitacións para os nosos compañeiros de sondecovelo.blogspot.com.


martes, 25 de marzo de 2014

SOMOS BLOGUEIROS !

Non nos chamedes profes, chamádenos blogueiros
Xa vedes que estamos eufóricos. Hoxe, (24/03/2014), nos adentramos en novas posibilidades. O noso plan de traballo foi extenso:


Como podedes ver no blogue, o traballo está rematado e a verdade foi que non resultou excesivamente complexo acadar os obxectivos marcados. O que está claro é que a medida que amentamos os nosos coñecementos nisto da elaboración de blogues, as ideas non deixan de xurdir. De feito empezamos a levar o blogue cara un entorno máis relacionado coas posibilidades de interacción cos nosos alumnos/as. Xa se poden ver os primeiros pasos, (encargo dunha tarefa na área de matemáticas, suxestión dunha posible actividade na área de coñecemento, un vídeo explicativo do principio de Arquímedes, unha presentación de slideshare dos ríos de España, unha presentación elaborada con photopeach...). Xa podedes comprobar que a lista empeza a coller dimensións.. ! E isto e soamente o principio !
Saúdos a todos/as, e ata a próxima entrada.

lunes, 24 de marzo de 2014

Magosto 2012

Esta é a proba do ben que o pasaron os nosos nenos no magosto do ano pasado.

RÍOS DE ESPAÑA

Con esta serie de imaxes podedes repasar os conceptos que aprendestes sobre os ríos de España. 
Rios from ipb62

PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES

Neste vídeo dunha forma moi amena e divertida podedes aprender un concepto matemático moi interesante que vos pode ser de utilidade se en algunha ocasión queredes darvos un baño tendo a bañeira chea e ter que pasar a fregona despois.
 

A voltas cos gadgets.

Na derradeira sesión do curso que estamos a facer, o luns 17 de marzo, os meus compañeiros de blogue viron algo novo, os gadgets.
Eu por motivos persoais non estiven presente nesta sesión, polo que tiveron que poñerme ao día dos novos contidos os meus compañeiros.
Os gadgets parécenme moi interesantes desde o punto de vista de acceder rapidamente aos contidos que poidan ser de interese nese momento, sen ter que percorrer todos os que están no blogue.
Cando comezamos coa creación deste blogue, estabamos ansiosos do que lle podiamos quitar de interese para a nosa profesión. Eu sempre tiven claro que me interesaba un blogue que me fose útil para a aula.
Como non tiña esta ferramenta, eu na miña aula utilizaba un correo de gmail onde os alumnos me mandaban tarefas que lles mandaba para facer nos seus fogares. Agora poderei utilizar o blogue de forma moito máis produtiva e interactiva.
Vexo na última publicación do noso blogue que o meu compañeiro Xoan xa propuxo unha tarefa para que a fagan os alumnos/as, exemplo do que eu pretendo facer nun futuro.
En canto a información que me gustaría recoller en gadgets nun blogue de aula, penso que podería ser moi ampla, pois toda a que estivera relacionada cos contidos e obxectivos do noso curso sería de interese.
Un exemplo de tarefa podería ser:
- Ponlle nome aos ríos que aparecen no mapa seguinte: